Leis Fundamentais do Reino

As Leis Fundamentais do Reino, ou do Estado, foron o conxunto de oito leis que organizaban os poderes do Estado durante o franquismo en España.[1] Durante a Transición, en 1977, realizouse unha oitava lei co mesmo rango para modificar o marco lexislativo e poder levar a cabo a reforma política. Non se trataba dunha constitución senón dunha carta outorgada, posto que non foran elaboradas nin aprobadas por representantes populares.

O franquismo concentraba todos os poderes no Xefe do Estado. Gran parte das leis procedía de tempos anteriores ao réxime, incluíndo as promulgadas pola Segunda República Española.

Foron derrogadas coa Constitución Española de 1978.

  1. http://www.infoguerracivil.com/espana-leyes-fundamentales-estado.html Arquivado 27 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. El franquismo » Leyes fundamentales del Estado franquista. Infoguerracivil.com.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search